viernes, 22 de julio de 2011

Reedición de "Cocorico", "LoboFeroz" y "La tortuga que vino a dormir"

Super noticia! OQO reedita tres cuentos maravillosos: "COCORICO", "LOBOFEROZ" Y "A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR", ya los tenemos en la librería!! si queréis que os reservemos algún ejemplar sólo tenéis que avisarnos! Que gran noticia!!
COCORICO, OQO Editoria, Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto popular de BirmaniaIlustracións de Helga Bansch

Cocorico é un poliño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere de...vorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir gato pelado e vaite comer dun bocado! Nisto escoitan un ruído na porta: É gato pelado reclamando a súa metade de biscoito…


LOBOFEROZ, OQO Editora, Texto de Patacrúa, a partir dun conto popular ruso. Ilustracións de Chené Gómez

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…


A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR, OQO Editora, Texto de Roberto Aliaga Ilustracións de Alessandra Cimatoribus
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van... chegando con agasallos (un pucho, una torta de pera, una manta…) para a acompañar no longo período de soño que lle agarda.
A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada